La Plataforma DiversidArte es un soporte creado para la promoción, producción, y difusión del Arte donde sus principales protagonistas son las personas con diversidad intelectual, física, psíquica y sensorial junto con otros colectivos en situación y riesgo de exclusión con actividades que fomentan las sinergias entre colectivos y su propia inclusión como artistas dentro de la sociedad.

La Plataforma DiversidArte es un proyecto organizado por la Asociación sin ánimo de lucro, Poten100mos. Es una herramienta de difusión y mediación en la venta de Arte Inclusivo que quiere corregir, empíricamente, mediante realidades expositivas, escénicas y musicales la errónea percepción de lo que es normal y lo que no.

... LOS DISTINTOS; los que no terminan de encajar, o se consideran "inencajables". Barreras que la Asociación Poten100mos a través de este proyecto quiere romper y demostrar que la DIVERSIDAD es una de las grandes riquezas de nuestra sociedad y el Arte es Universal.

Mellor Curta "Perspectiva de Xénero": 250€
Mellor Curta "Diversidade Sexual": 250€
Mellor Curta "Diversidade Funcional": 250€
Mellor Curta "Exclusión Social": 250€

BASES DE PARTICIPACIÓN – CONCURSO DE CURTAS E DOCUMENTAIS SOCIAIS FESTIVAL DIVERSIDARTE 2019

O Festival Diversimacine forma parte da Plataforma Diversidarte e enmarcase dentro da celebración do Festival Diversidarte que se celebrará durante o mes de setembro na cidade da Coruña.
Requisitos

✓ Poderán participar neste certame: colectivos, ONG, produtoras e realizadores individuais de calquera nacionalidade, cultura ou relixión.

✓ Admitiranse ate un máximo de dúas curtametraxes por participante.

✓ As obras presentadas non poderán superar os 30 minutos de duración.

✓ Os traballos poderán presentarse en calquera lingua aínda que terán que vir
obrigatoriamente subtitulados o castelán ou galego.

✓ O festival divídese en catro bloques temáticos:

o Perspectiva de Xénero
o Diversidade Sexual(LGBTIQ+)
o Diversidade Funcional
o Exclusión Social

✓ As curtametraxes presentadas deberán tratar algunha das temáticas na que se divide o festival.

✓ Os participantes deberán ser os titulares das curtametraxes presentadas ostentando todos os dereitos de exhibición e promoción das obras e material que presenten.
Envío das obras

✓ As curtametraxes poderán enviarse de dúas formas diferentes:

Ao e-mail da temática na que se encadre a obra presentada:

Obras nas que o contido principal sexa a perspectiva de xénero: diversidarte-xenero@poten100mos.org

Obras nas que o contido principal sexa a diversidade sexual (LGTBIQ+): diversidarte-lgbtiq@poten100mos.org

Obras nas que o contido principal sexa a diversidade funcional (física, psíquica, intelectual ou sensorial):
diversidarte-funcional@poten100mos.org

Obras nas que o contido principal sexa a exclusión social (migración, minorías étnicas, refuxiados, probeza e outras) diversidarte-exclusionsocial@poten100mos.org

Por correo certificado ao enderezo:

✓ As obras que se presenten por correo certificado deberán estar en formato DVD facendo constar na carauta: título, nome do autor, a súa dirección de e-mail, e un teléfono de contacto. O DVD e a súa carauta deberán ir nun sobre debidamente pechado no que haberá que engadir:

• Un folio co título da curtametraxe, os datos do autor,(nome, fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte, teléfono, enderezo, e-mail, pequeno currículo e lugar de residencia).

• Noutro folio deberá constar o título, a sinopse, o reparto e o equipo que realizou a curtametraxe, así como a temática na que se encadra a obra.

✓ As obras que se presenten en formato dixital:

• Deberán enviarse a través de Wetransfer ou mediante enlace de Vimeo (con
contrasinal e opción de descarga activada).

• Os arquivos de vídeo deberán ter un tamaño máximo de 2 gb

• Os arquivos deberán ter extensión MOV, AVI, MP4 ou MPEG (codec H264)

• Deberá axuntarse no e-mail un arquivo PDF con: título da curtametraxe, os
datos do autor,(nome, fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte, teléfono,
enderezo, e-mail, pequeno currículo e lugar de residencia).

• Noutro PDF deberá constar o título, a sinopse, o reparto e o equipo que
realizou a curtametraxe, así como unha descrición da realidade que quere plasmar .

✓ A organización resérvase o dereito de rexeitar unha obra por mala calidade da imaxe ou do son.

Data límite

✓ A data límite para a recepción dos traballos será ó 31 de xullo de 2019.

✓ No caso dos envíos por correo certificado a data que se terá en conta será a do selo de
correos. Premiados

✓ Repartiranse catro premios de 250€, un por cada bloque temático.

✓ Os premios serán outorgados por un xurado composto por profesionais do vídeo, a televisión, a música, as artes e a comunicación audiovisual seleccionado para cada
temática.

✓ A decisión do xurado será inapelable.

✓ Os autores dos traballos premiados, ou algún representante dos mesmos, deberán estar presentes na entrega de premios. De non ser así, deberán delegar nunha persoa autorizada debidamente para recollelo.

✓ A entrega de premios e proxección das catro curtametraxes premiadas (realidade e ficción) realizarase na Gala de clausura do Festival Diversidarte.

✓ As obras gañadoras deberán ser subtituladas o galego para poder ser proxectadas na gala de clausura.

✓ A comunicación aos participantes das obras seleccionadas farase mediante teléfono ou correo electrónico. Paralelamente, publicarase dita selección na páxina oficial do Concurso.

Outras disposicións

✓ A organización resérvase o dereito de publicar e reproducir fragmentos das obras que participen no certame para a promoción do Festival e da Asociación Poten100mos.

✓ Ditas comunicacións públicas serán sempre con fins promocionais e sen ánimo de
lucro.

✓ A participación neste Certame implica a aceptación das presentes bases.

✓ O xurado será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non
estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas que poidan existir na súa
interpretación.

✓ Os orixinais non seleccionados poderán ser retirados, no prazo de 30 dias a contar
dende a finalización do festival, na sede da Asociación Poten100mos (Costa da Unión,
9, 1o i, 15005, A Coruña).

✓ No caso de que o autor o autora non resida na Coruña poderá solicitar que lle sexan
enviados por correo postal. O festival non se fará cargo dos custes destes envíos.

✓ As obras que non sexan retiradas no prazo de 30 días, a contar dende a finalización do
festival, serán destruídas.

✓ Esta convocatoria entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación.